CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

A raia non entrará nos descartes en xaneiro

Publicado o 21/09/2018 15:01

A entrada en vigor en xaneiro do 2019 da normativa europea sobre os descartes preocupa ao sector pesqueiro e moito. Sobre todo pode ter un forte impacto no sector da baixura. Por iso a Federación de Confrarías artellou unhas xornadas nas que afondaron no seu impacto. Alí adiantaron que a raia van poder volvela ao mar.










Todos os barcos terán que levar a terra os descartes a partir de xaneiro. Agora están traballando en pode engadir excepcións, coma a da raia, que poderán volver ao mar.

Nas xornadas tamén se presentou un estudo socio-económico no que se afirma que para a pesca artesanal a obriga de desembarcar os descartes ven a supoñer un prexuízo máis, que nalgúns casos provocará o cesamento da actividade.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí