CRTVG

Buscar

A RAG dedicará o Día das Letras Galegas de 2020 a Ricardo Carvalho Calero

Publicado o 22/06/2019 21:58

Con vinte e un votos a favor, o plenario da Real Academia Galega decidiu que o Día das Letras Galegas de 2020 homenaxeará a figura de Ricardo Carvalho Calero. Os académicos reuníronse este mediodía na sede coruñesa da rúa Tabernas para debater as dúas propostas presentadas arredor da candidatura do escritor, filólogo e profesor ferrolán, a única presentada desta volta.

O presidente da institución, Víctor Fernández Freixanes, salientou as achegas de Carvalho Calero á nosa lingua e á nosa cultura e destacou tamén o seu traballo como crítico, ensaísta e creador literario.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/06/2019