CRTVG

Buscar

A Radio Galega xa se pode sintonizar por voz co asistente virtual Alexa

Publicado o 14/01/2020 14:38

Igual ca outras tantas tarefas da vida cotiá, o proceso de sintonizar unha emisora de radio simplifícase grazas aos asistentes virtuais: - "Alexa, pon Radio Galega" - "Vale, aquí tes Radio Galega". A emisora autonómica incorpora esta funcionalidade en todos os dispositivos equipados co asistente virtual de Amazon.

Amais dos altofalantes intelixentes ou de calquera outro aparato ou adaptador doméstico equipado con Alexa, sempre temos á man tamén a aplicación para teléfonos móbiles.

Radio Galega Música e o resto das canles da emisora autonómica tamén se vai ir incorporando progresivamente aos servizos de Alexa e aos demais asistentes virtuais que hai no mercado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/01/2020