CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

A Radio Galega reforza a súa oferta informativa

Publicado o 14/05/2018 15:32

Seguimos avanzando detalles da nova programación da Radio Galega, que se estreará a partir de setembro.

Unha das principais novidades serán os debates semanais de ámbito local. que acollerán as delegacións territoriais coas forzas políticas con representación nas corporacións das sete grandes cidades.

A Radio Galega reforza nesta nova programación a aposta pola información de proximidade, coa incorporación de novos formatos na grella.

Cada unha das delegacións territoriais da radio pública acollerá semanalmente debates de temática e interese local, co foco na realidade política, económica e social das áreas das sete grandes cidades.

Moderados polos responsables de informativos en cada localidade, a Radio Galega achegaralles a partir de setembro debates entre os líderes políticos no ámbito municipal; debates de ámbito provincial e outros especializados en eidos sociais e económicos de cada cidade.

A uns informativos que estenden a súa duración, súmase a aposta estrutural pola información cultural ao longo de toda a programación da radio pública de Galicia os sete días da semana.

Esta transformación da oferta, a partir do 10 de setembro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí