A Radio Galega pecha a temporada cun récord histórico de audiencia
Publicado o 06/07/2021 15:20
A Radio Galega pecha a temporada con récord histórico de audiencia. 177.000 oíntes de luns a venres, o que supón un incremento do 34% da súa audiencia respecto á temporada anterior, segundo os datos do último Estudo Xeral de Medios. A confianza da sociedade galega na súa emisora pública esténdese tamén a Radio Galega Música, que pecha temporada cunha audiencia acumulada de 46.000 oíntes de luns a venres, o dobre da temporada anterior. Con estes datos e nun contexto de descenso no consumo de radios, a Radio Galega posiciónase como referencia do panorama radiofónico autonómico.