CRTVG

Buscar

EXM: a Radio Galega incrementa 4.000 oíntes e suma 128.000 de luns a venres

Publicado o 10/04/2019 17:31

A Radio Galega incrementa 4.000 oíntes e suma 128.000 de luns a venres en relación ao mesmo período do ano pasado, segundo o Estudo Xeral de Medios publicado hoxe.

De luns a domingo, a Radio Galega suma 133.000 oíntes, o que supón unha suba de 2.000 oíntes con respecto á onda anterior.

Radio Galega Música segue subindo e suma outros 4.000 oíntes con respecto a hai un ano, para situarse nos 19.000 de luns a domingo. Segundo o Estudo Xeral de Medios, trátase dun incremento do 26 por cento.

En consecuencia, as emisoras da Radio Galega suman 147.000 oíntes oíntes de luns a domingo, 8.000 máis ca no mesmo período de 2018, o que supón unha suba de preto dun 6 por cento.

Estes datos consolidan a Radio Galega como referencia nun contexto cambiante e de caída xeneralizada do consumo da radio.