CRTVG

Buscar

A Radio Galega emitirá os concertos que se celebren no escenario Galicia do Son do Camiño

Publicado o 12/06/2019 18:26

Mañá, a partir das 3 da tarde, arranca o primeiro dos festivais importantes da temporada de verán en Galicia. A cita é no Monte do Gozo. 3 días de música con grandes artistas nacionais e internacionais. Case 12 horas ao día e un potente elenco de grupos intervirán nesta segunda edición. E para quen non poida asistir en persoa, hai outra opción, a Radio Galega, que emitiría todas as actuacións que se celebren no escenario Galicia do Son do Camiño. 

Bastille, Royal Republic, The Hives, Iván Ferreiro ou Familia Caamagno, ata completar un cartel con máis de 30 grupos do agrado de todos os públicos. Nesta primeira cita cos festivais de verán en Galicia.

Desde mañá e ata a madrugada do domingo, O Son do Camiño, no Monte do Gozo, en Compostela.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/06/2019