A Radio Galega alcanza o seu récord histórico de oíntes neste comezo de 2020

A Radio Galega bate o seu record histórico de audiencia con 212.000 oíntes, segundo a primeira onda do Estudo Xeral de Medios de 2020 coñecida este luns. É un incremento do 17 % en relación coa última onda de 2019 e do 60 % respecto a hai un ano.
Nesta primeira onda do ano 2020 mantén a segunda posición na clasificación de radios en Galicia tanto de luns a venres coma de luns a domingo.
EXM | A Radio Galega alcanza o seu récord histórico de audiencia con 212.000 oíntes, segundo a primeira onda do 2020. A suma de Radio Galega e Radio Galega Música tamén alcanza a cota histórica de 247.000 oíntes. Grazas por escoitarnos! pic.twitter.com/qQordwI7Cs
— Radio Galega (@RadioGalega) April 6, 2020
Radio Galega Música suma 33.000 oíntes de luns a venres, o cal representa un incremento do 27 % en relación á última onda de 2019