Sabin Merino, xa adestrou con Fernando Vázquez
Publicado o 14/01/2020 10:17
• Procede do Leganés e o seu contrato sería ata 2022
Sabin Merino é un dianteiro de 28 anos que procede do Leganés. Formouse no Athletic e foi Ernesto Valverde quen lle deu a oportunidade no primeiro equipo. Esta temporada só xogou 78 minutos co equipo madrileño.
No Athletic militou catro campañas, xogando 75 encontros (48 en Primeira, 19 na Europa League, 7 de Copa e 1 de Supercopa) e marcando 8 goles.
O Dépor xa o tenteara hai varios anos. Asinará o que queda desta temporada máis outras dúas campañas, aínda que no caso de descenso a Segunda B, os galegos poderanse librar del e da súa ficha. Sabin Merino reforza o ataque do Deportivo.