CRTVG

Buscar

A quinta vaga segue remitindo: descenden os casos activos (-36) e as hospitalizacións (-25)

Publicado o 03/08/2021 10:26

• Os contaxios de coronavirus baixan a 837 en Galicia

• Na xornada de onte rexistráronse dez falecementos por mor da covid

A quinta vaga segue remitindo: descenden os casos activos (-36) e as hospitalizacións (-25)

Nesta xornada de martes continúa a baixada de casos activos. O Sergas notificou 18.771 persoas diagnosticadas con coronavirus en Galicia, 36 menos que na xornada de onte

En canto ás PCR positivas por día, a área sanitaria da Coruña segue sendo a que rexistra as cifras máis altas, superando as 300.

Por áreas sanitarias, a repartición é a seguinte:

Vigo: 4.590 (+13)

A Coruña: 4.091 (+89)

Pontevedra: 2.894 (-31)

Santiago: 2.260 (-42)

Ourense: 1.715 (-48)

Lugo: 2.231 (-26)

Ferrol: 990 (+9)

A presión asistencial descende lixeiramente, cun total de 303 persoas hospitalizadas: 261 en planta (-24) e 42 nas UCI (-1).

Saúde Pública notificou na xornada de onte o falecemento de dez persoas por mor da covid-19. A cifra total de vítimas ascende a 2.474 desde o comezo da pandemia en Galicia.

Mapas de incidencia por concellos

Noticias web

03/08/2021