A quinta onda, última en Galicia? Vacinación e indicadores epidemiolóxicos apuntan nesa dirección
Galicia pode estar en condicións de evitar unha sexta onda. Haberá repuntas ou gromos localizados, pero non unha vaga como tal. Grazas sobre todo a que o ciclo da vacinación masiva en Galicia está a piques de pecharse, á falta de que reciban a súa picada os 182.000 galegos que faltan. "Dos cales 34.000 non teñen ningunha dose e 134.000 están esperando a segunda dose", matiza Miguel Álvarez Deza, xefe de servizo de Alertas Epidemiolóxicas de Pontevedra.
O sábado, sen cita previa, os non vacinados poden acudir a calquera dos 14 puntos habilitados nos grandes recintos. E a semana que vén tamen vacinarán sen cita previa nos 7 campus universitarios. A campaña de captación continuará despois nos centros de saúde.
"O obxectivo é chegar ao 98% da poboación galega vacinada antes de que remate setembro. Vanos chamar individualmente e repetidamente desde os centros de saúde e os servizos de admisión dos hospitais, un a un esas persoas e vaise insistir en que se vacinen".
Para non facelo antes de que remate setembro, insisten, non haberá pretexto.