CRTVG

Buscar

Quince días antes das eleccións, a diferenza de votos entre os partidos estréitase

Publicado o 14/04/2019 23:10

O PP sería o partido máis votado nas eleccións xerais en Galicia, segundo unha enquisa realizada por Sondaxe e que publicou este domingo La Voz de Galicia.

Porén, a diferenza de votos co PSOE estréitase. Tanto é así que os socialistas conseguirían empatar cos populares a 10 escanos, unha remontada que ten moito que ver co afundimento de En Marea na intención de voto.

A mostra reparte os 23 escanos que se xogan en Galicia: 10 para os populares, outros tantos para os socialistas. En Común-Unidas Podemos obtería 2 escanos [e non 0, como informamos nun primeiro momento]. Ciudadanos conseguiría un escano.

En porcentaxe de voto, o PP sácalle algo máis de 3 puntos ao PSOE. A moita distancia quedarían o resto de forzas.

A enquisa de Sondaxe tamén destaca a Ana Pastor como a candidata mellor valorada.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/04/2019