CRTVG

Buscar

A queixería Casa Macán agarda volver á actividade de xeito inmediato

Publicado o 13/02/2020 15:06

A actividade en Casa Macán está totalmente paralizada á espera da visita dos inspectores da Dirección Xeral de Saúde Pública, prevista para hoxe, que decidirán se se autoriza ou non a volta ao traballo na empresa. O seu xerente, que rexeitou falar ante as cámaras, di que as instalacións están preparadas para volver funcionar de xeito inmediato e esperan poder facelo a partir de mañá.

Eladio Regueira asegurou que a retirada de parte dos seus produtos do mercado así como a paralización da actividade supuxeron un duro golpe para a queixería de Taboada e non desbota mesmo ter que pechar a factoría. Tamén negou que os seus derivados do leite supoñan un risco para a saúde e di que o problema está na rastrexabilidade por un fallo na etiquetaxe.

Casa Macán conta cun cadro de 10 traballadores e adquire o leite a gandeiros da contorna destas instalacións. A empresa perdeu recentemente un xuízo en que reclamaba a unha industria leiteira 6,6 millóns de euros por incumprimento de contrato. Malia o revés xudicial, Casa Macán presentou recurso na Audiencia de Lugo fai hoxe unha semana.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2020