CRTVG

Buscar

A Revista

A queimada galega, algo máis suave, e o conxuro, cada vez máis seguidos en Bos Aires

Publicado o 13/09/2017 12:46
E despois dunha boa sobremesa, que tal unha boa queimada?
A queimada galega e o seu conxuro suman cada vez máis seguidores en Bos Aires, grazas aos galegos que espallan este rito ancestral do outro lado do Atlántico.
Coñecemos que opinan os arxentinos sobre esta bebida tan propia da nosa cultura.



ENTRADIÑA
A 10.000 quilómetros de Galicia, no corazón de Bos Aires, algo tan común para nós como a queimada esperta gran curiosidade entre os arxentinos que non dubidan en purificarse con esta bebida tan ligada á tradición galaica cada vez que teñen ocasión.

O Muxo é un dos grandes mestres da queimada en Bos Aires e cada vez que recita o conxuro suma novos adeptos a unha das nosas bebidas máis típicas.


CORTE 1: Ramón Suárez 'O Muxo' - Artífice da queimada

"Empezamos cando nós tiñamos unha data especial, un cumpreanos, unha despedida, facíamos a queimada para nós, pero a xente do pub e o público tamén lle gustou isto e empezou a ser un éxito que de ser algo esporádico pasou a ser algo semanal".


Este augardenteiro dalle un toque especial a súa queimada para adaptala ó doce padal dos arxentinos.


CORTE 2: Ramón Suárez 'O Muxo' - Artífice da queimada

"Eu doulle un punto de queimala que xa queda bastante suave, queda con pouco alcohol e bastante azucre".


Un éxito que nestes máis de 20 anos de queimada galega en Bos Aires O Muxo presentou ante máis de 50.000 persoas.


CORTE 3: NAILA MANCILLA - Arxentina

"Moi divertido porque non sabía que tiñan esta tradición e tomar esa bebida, e non tiña experimentado nada así".


CORTE 4: Cristián Ortiz - Arxentino

"É fortiña. Non estou moi acostumado á grapa pero está rica igual".


CORTE 5: Rodrigo Simón - Arxentino seguidor das queimadas de O Muxo

"Un día de casualidade viñemos e había queimada. Vímolo a Ramón e quedamos. Agora vimos tódolos xoves".


O público víve con curiosidade este rito e para o mestre de cerimonias é un xeito de exhibir a cultura e as tradicións galegas ante os arxentinos.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

13/09/2017