CRTVG

Buscar

A provincia de Pontevedra rexistrou máis de trinta sismos en menos dun día

Publicado o 16/05/2018 14:31

O chan moveuse nas últimas horas na provincia de Pontevedra, sobre todo en Ponte Caldelas. Non houbo ningún tremor grande, pero si moitos pequenos.

Mari Carme Rosendo vive no cuarto andar dunha vivenda do centro de Ponte Caldelas, é unha das poucas persoas que atopamos que sentiran o sismo na vila.Estaba na sala coa súa neta e a súa filla e todas notaron algo estraño.

Tamén no mercado atopamos unha veciña de Poio que o percibiu na súa casa.

Este barrio da Chan no Concello de Cerdedo-Cotobade foi o lugar onde se rexistrou a maior intensidade, de 3,3 graos. Tamén aquí nos custou atopar testemuñas que o sentisen na propia pel.

Segundo o Instituto Xeográfico Nacional a provincia  de Pontevedra rexistrou32 terremotos entre o martes e o mércores. A maioría deles na localidade de Ponte Caldelas. Do mesmo xeito o IGN apunta que a probabilidade dun sismo grande é bastante baixa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/05/2018