CRTVG

Buscar

A provincia de Ourense ten unha das mellores evolucións da situación sanitaria de toda España

Publicado o 20/11/2020 15:41

Toda a provincia de Ourense tivo medidas moi duras, pero dobrou a curva e chega a este final de semana con moi bos datos: levan medio mes baixando sen parar os casos de covid ​e é unha das zonas de mellor evolución no conxunto do Estado.

Ourense cidade, O Carballiño e Verín convertéronse nos puntos negros desta segunda onda da pandemia en Galicia. Houbo nestes concellos unha incidencia altísima de contaxios.

Cun mes e medio de duras restricións, dende hai dúas semanas imos notando xa esa baixada paulatina no número de casos activos e tamén nos contaxios.

A área sanitaria rexistra hoxe 720 casos activos, 29 menos ca onte.

Así as cousas, a provincia de Ourense ten unha das mellores evolucións de toda España, acumula unha taxa de 152 contaxios por cada 100.000 veciños.

Noticias web

20/11/2020