CRTVG

Buscar

A provincia de Ourense mantén o aviso amarelo por neve

Publicado o 07/04/2019 12:49

 Aínda que se mantén activo o aviso amarelo en boa parte da provincia de Ourense, a neve deixou de ser un problema para circular polas estradas a medida que avanzaba a tarde. Con todo, a noticia está na cota tan baixa a partir da cal callaron as copiosas folerpas que caeron dende a madrugada en zonas moi pouco afeitas ás nevaradas.

Esta neve primaveral, chamada do cuco, que chega coas árbores e plantas en plena floración, deixou no sur e centro de Ourense paisaxes propias da alta montaña alpina ou pirenaica. Algo que case non se lembra no lugar.

A chuvia e un lixeiro aumento da temperatura probablemente desfarán nas próximas horas a neve acumulada hoxe, que nalgúns puntos superou os cinco centímetros de grosor. O aviso amarelo manterase ata mañá pola mñá. A paisaxe branca é unha postal efémera nesta época, pero fermosa mentres dura.

Noticias web

07/04/2019