CRTVG

Buscar

A provincia de Lugo será a primeira en afrontar os cambios na TDT

Publicado o 17/09/2019 14:54

Se queren seguir véndonos cada día, moito ollo, porque volven os cambio á TDT. A provincia de Lugo será a primeira en adaptarse ás novas frecuencias que comezarán a funcionar mañá, así que estean moi atentos. Para seguir vendo a Galega nas comunidades de veciños será necesario adaptar as antenas.

O segundo cambio dixital xa está aquí e a súa primeira parada en Galicia é a provincia de Lugo. Para deixar sitio ás novas tecnoloxías 5G toca cambiar as frecuencias das canles de televisión. Nas vivendas unifamiliares só haberá que resintonizar as canles, pero nas comunidades de veciños cómpre adaptar as antenas.

"Os que van ter que facer algo son as comunidades de veciños onde teñan amplificación monocanle ou centrais amplificadoras programables, que terán que chamar un instalador autorizado para que lles faga o cambio", sinala Juan José Rivas dono dunha empresa de telecomunicacións.

Para facilitar o cambio hai de prazo ata finais de xaneiro, cando se producirá en Lugo un novo apagón, e hai axudas para sufragar os gastos da adaptación.

"O axuste dunha central amplificadora está estipulado en 104 euros e o cambio dos monocanais, son dous os que hai que cambiar en Lugo, son uns 260 euros", sinala Juan José Rivas, dono dunha empresa de telecomunicacións.

Despois, só tocará resintonizar a TDT. En ningún caso haberá que cambiar os televisores ou os descodificadores e non desaparecerá ningunha canle.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/09/2019