CRTVG

Buscar

A provincia de Lugo está xa en situación de nova normalidade

Publicado o 12/03/2021 21:11

A provincia de Lugo é a que presenta unha evolución máis favorable da pandemia, ata o punto de que Lugo e Menorca son as dúas únicas zonas de España que están xa en situación de nova normalidade

Así o indica o semáforo covid do Goberno, que mide o nivel de alerta en toda España. Na súa última publicación Lugo aparece en cor verde, en situación de nova normalidade, cun índice de incidencia a 14 días de 57 casos por cen mil habitantes, e cunha taxa de positividade do 1,4 por cento. É dicir, que de cada 100 probas que se fan na provincia, só unha dá positivo.

O semáforo covid mide tamén outros parámetros, como a presión asistencial, e na provincia de Lugo, está en niveis moi baixos. Ademais, nesa medición que fai o Goberno sinálase a Galicia como unha das tres comunidades que teñen os datos máis favorables de toda España, xunto a Extremadura e a Comunidade Valenciana. As tres están a punto de entrar en nivel baixo de alerta.

O semáforo covid revela tamén a outra cara da moeda. Con risco extremo atópanse Madrid, Cataluña, Melilla e Asturias.

Noticias web

12/03/2021