CRTVG

Buscar

A protesta da escola concertada saca milleiros de coches en toda España contra a lei Celaá

Publicado o 22/11/2020 13:47
A protesta da escola concertada saca milleiros de coches en toda España contra a lei Celaá

O acto central da protesta contra a coñecida como lei Celaá celebrouse en Madrid. Lograron colapsar o centro da cidade. Pero a plataforma Máis Plurais convocou manifestacións nunha trintena de cidades.

O lema referente foi "Polo dereito a elixir a educación que queremos" e ás reclamacións na rúa sumáronse o Partido Popular, Ciudadanos e Vox.