CRTVG

Buscar

A protectora Aloia de Tui pasea uns cen cans os domingos grazas á colaboración cidadá

Publicado o 08/09/2019 16:53

Hoxe toca andaina. Os cans e as cadelas da protectora Aloia de Tui sábeno ben. A euforia respírase no ambiente. Os domingos son sinónimo de liberdade para estes animais con poucas oportunidades de gozar ao aire libre.

Comezaron dez en abril e agora xa son preto dun cento. Este domingo anotáronse setenta e cinco persoas, de idades distintas pero inquedanzas similares.

A directiva da protectora, que preside Pepín Solleiro, está encantada coa resposta do voluntariado. O obxectivo é seguir medrando e exportar a idea a outros refuxios de Galicia.

Son dúas horas de andaina polo monte de Guillarei que os cans e as cadelas da protectora Aloia agradecen como mellor saben.

Noticias web

08/09/2019