CRTVG

Buscar

A proposta de Vigoturístico para coñecer Vigo e os seus recunchos

Publicado o 21/03/2021 21:32

Nunha tarde de domingo cos galegos encerrados en nós mesmos, en Galicia, todo plan se agradece.

Borja e César cítanse cos sus clientes, turistas na súa propia cidade. Nun grupo debullarán o concepto 'viguismo', no outro pasearán polo Vigo aquel que se revirou contra o mesmo Napoleón.

Esa foi a motivación de Fernando e de Paula. Eles, coma moitos vigueses, tiñan a sensación de que coñecen máis doutras cidades doutros países que visitaron con guías que a súa propia cidade coa súa contorna. Hoxe forman parte da excursión da Reconquista.

Pois a solución está en vigoturístico, onde atoparán distintas sendas para coñecer o seu e darlle o mesmo valor que, por exemplo, cando visitan Notre Damme ou a Capela Sixtina.

Noticias web

21/03/2021