CRTVG

Buscar

A UE propón menos recortes de pesca nunha negociación que segue aberta

Publicado o 17/12/2019 10:56

A nova proposta comunitaria sobre as cotas de pesca mantén a expectativa a todo o sector. A conselleira do Mar asegurou que aínda está a analizar a nova proposta que contempla agunha mellora para os intereses da flota galega. 

En canto á pescada da zona sur recolle unha redución do 10 por cento fronte ao 20 que incluía a proposta inicial da Comisión.

Tamén cambia a situación do xurelo desa zona sur para o que se pedía unha redución do 50 por cento, e no documento actual mantense a cota actual, aínda que desde a Consellería do Mar dicíase que a situación dos caladoiros permitirían que esa cota aumentase ata un 20 por cento.

No que non hai cambios é na situación da pescada do Gran Sol. As negociacións van para horas e incluso se poderían alongar ata ben entrada a madrugada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí