CRTVG

Buscar

A prohibición dos cruceiros, un golpe forte para o turismo

Publicado o 30/06/2020 09:56

No punto de mira están os cruceiros. Sanidade admite que están moi preocupados porque, din, de haber un brote nun barco, os contaxios serían numerosos. A prohibición dos cruceiros é un golpe forte para o turismo dalgunhas zonas. En Galicia, sufrirá as consecuencias, sobre todo, Vigo.

O porto de Vigo cancelou máis de corenta escalas e a tampouco se producirán as 25 programadas ata final de ano. A grandes navieiras suspenderon todas as viaxes desde o comezo da crise sanitaria e as perdas son millonarias no sector. Desde o Porto lamentan a situación e son conscientes das dificultades en caso dun contaxio a bordo.

A industria dos cruceiros reclama a equiparación coa apertura das fronteiras por terra e por aire onde xa están operando as compañías aéreas. Os empresarios temen perdas noutros sectores como o comercio e a restauración das cidades que cada ano reciben milleiros de transatlánticos.

O Goberno central insiste en que a chegada de transatlánticos suporía un risco que podería afectar o progreso realizado para conter a pandemia, e polo momemto prohibiu este tipo de tráfico de xeito indefinido.

Noticias web

30/06/2020