CRTVG

Buscar

A produción industrial subiu un 50,3 % en abril, a maior repunta da serie histórica

Publicado o 07/06/2021 09:24
A produción industrial subiu un 50,3 % en abril, a maior repunta da serie histórica

A produción industrial subiu no mes de abril un 50,3 % en relación ao mesmo mes en 2020; é a maior repunta da serie histórica que se inicia en 1975. O Instituto Nacional de Estatística publicou este luns o índice de produción industrial, que encadea dous meses consecutivos de taxas positivas. Esta comparación realízase co dato de abril de 2020, cando se paralizou durante dúas semanas toda a actividade non esencial polo estado de alarma.

Todos os sectores aumentaron notablemente a produción, sobre todo os bens de consumo duradeiro. Hai un importante incremento da produción na industria do motor, unha das máis afectadas pola paralización da actividade en abril de 2020. Houbo tamén un salientable aumento na confección de prendas de vestir e a fabricaicón de mobles.

A produción industrial subiu en abril en todas as comunidades autónomas en taxa interanual. Os ascensos máis destacados notáronse en Navarra, seguida por Galicia e o País Vasco. Pola contra, as menores subidas déronse en Murcia, Estremadura e as Canarias. 

Noticias web

07/06/2021