A produción industrial sobe un 15 % no mes de marzo
Publicado o 07/05/2021 09:09

A produción industrial subiu un 15,1 % en marzo e rexistra a súa maior alza en 24 anos. Así o avanzou o Instituto Nacional de Estatística este venres. Despois de dous meses encadeando descensos, a taxa industrial volve a niveis positivos.
Todos os sectores rexistraron un incremento de produción anual. Foi a industria manufactureira a que máis aumentou a súa produción, seguida pola fabricación de mobles e de vehículos de motor.