CRTVG

Buscar

A produción industrial en Galicia comeza o ano cunha caída do 6,6 % en xaneiro

Publicado o 08/03/2021 10:26
A produción industrial en Galicia comeza o ano cunha caída do 6,6 % en xaneiro

A produción industrial en Galicia comezou o ano cunha caída do 6,6 % en xaneiro respecto ao mesmo mes de 2020, segundo o índice de produción industrial (IPI) publicado este luns polo Instituto Nacional de Estatística.

No conxunto do estado, a caída da produción industrial foi do 6,9 % en xaneiro no mesmo período, co que deixa sen continuidade a pequena repunta experimentada en decembro do pasado ano.

Segundo detalla o INE, a forte baixada do IPI de xaneiro está relacionada cos retrocesos dos bens de consumo non duradeiro (12,2 %) e os bens de equipo (11,2 %), aínda que tamén descendeu a produción de bens de consumo duradeiros (8,8 %) e os intermedios (5,5 %).

A enerxía foi o único sector que aumentou a súa produción en xaneiro, un 1,6 %.