CRTVG

Buscar

A produción do horto solidario do hospital de Lugo destínase a comedores sociais

Publicado o 28/10/2019 07:41

Solidario e ecolóxico. Así é o horto do Hospital de Lugo, situado nun extremo do complexo, que produce hortalizas e froitas durante todo o ano. Hai cinco que se puxo en marcha e a súa produción global ronda os 12 mil quilos. Vai destinada a comedores sociais.

Neste horto cultívanse todo tipo de hortalizas. Manuel atendeo con mimo, sen empregar pesticidas.

Manuel comezou como voluntario e hoxe é o seu traballo. Tamén imparte charlas sobre tratamentos agrícolas e só lamenta que o horto non sexa máis coñecido porque produce ao longo de todo o ano, segundo a estación.

Un horto saudable cunha produción variada que non debe faltar en ningún menú.

Noticias web

28/10/2019