A produción de porco celta medra un 25% malia a pandemia
Publicado o 12/03/2021 20:46
A pandemia non impediu que a produción certificada de porco celta superase o pasado ano os 190.000 quilos, un 25 por cento máis co anterior. Non houbo apenas vendas para a hostalaría, pero abríronse novas oportunidades de negocio a través doutras canles.
Importante tamén a incorporación de novos produtores.
Nando é un dos que apostou polo porco celta nesta exploación de Mondoñedo.
O porco celta conta cada vez con máis mercado fora de Galicia e tamén cunha oferta máis ampla de produtos, que chega xa, por exemplo, ás croquetas ou ás hamburguesas.