CRTVG

Buscar

A produción de drogas, en máximos históricos, segundo un informe da ONU

Publicado o 26/06/2019 08:31

O mercado das drogas vai a máis e causa máis mortes ca nunca. Son as conclusións dun informe da ONU presentado este martes. A produción de opio e cocaína acadou marcas históricas en 2017. A de cocaína foi un 25% máis ca o ano anterior. Tamén aumentou un 13% a cantidade de cocaína comisada.

A droga máis popular é o cánnabis. As máis letais son os opioides e causan dous terzos das mortes atribuídas ao consumo de estupefacientes.

Só unha de cada sete persoas con problemas graves de adicción recibe tratamento.





 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/06/2019