CRTVG

Buscar

A produción de áridos aumenta un 13% en Galicia

Publicado o 26/04/2019 15:30

A conselleira de Infraestruturas asegura que seu departamento aumentará os seus investimentos en obra pública durante este ano. Segundo Ethel Vázquez, no que vai de 2019 xa licitaron 91 millóns de euros,  aos que se sumarán as que aínda están pendentes.

A conselleira de Infraestruturas fixo estas declaracións na clausura da asemblea xeral da Asociación Galega de Áridos que se celebrou hoxe en Santiago. Neste acto fixeron balance da actividade do sector en 2018.

Segundo salientaron, a produción de áridos aumentou un 13% respecto do ano anterior, o que equivale a unha tonelada máis. Tamén creceu o consumo de áridos en Galicia e en España, aínda que continúa por baixo da media europea.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/04/2019