CRTVG

Buscar

A proba PCR da princesa de Asturias dá negativo, pero gardará a corentena

Publicado o 16/09/2020 17:55
A proba PCR da princesa de Asturias dá negativo, pero gardará a corentena

A proba PCR á que se someteu a princesa de Asturias tras detectarse un caso da covid-19 na súa clase deu resultado negativo, informou este mércores o Palacio da Zarzuela. Con todo, Leonor cumprirá a corentena que, con carácter preventivo, foi recomendada polo centro escolar onde desenvolve os seus estudos.

Zarzuela confirmou o pasado venres que se detectou este positivo na clase da princesa no colexio Santa María de los Rosales. Os reis seguiron coa súa axenda oficial nos últimos días.

Noticias web

16/09/2020