CRTVG

Buscar

Prisión para un retornado do Daesh e dous colaboradores detidos en Barcelona

Publicado o 12/01/2021 08:48

Un dos tres detidos onte nunha operación antiterrorista en Barcelona é presunto retornado do Daesh que tería participado no conflito sirio-iraquí. Outro dos detidos é un acólito do combatente terrorista, e o terceiro un individuo que lle prestou apoio loxístico.

Os tres, de orixe alxeriana e detidos nun inmoble ocupado do barrio da Barceloneta, ingresaron en prisión.

A policía considera o xihadista detido un tipo perigoso porque proxectaba imitar accións de terroristas solitarios.

 

Noticias web

12/01/2021