A prisión un dos detidos con cocaína en Caldas de Reis
Publicado o 04/09/2020 13:54
Xa está na cadea un dos dous presuntos narcotraficantes detidos esta semana en Caldas.
Trátase dun veciño de Vilagarcía que foi sorprendido, xunto a outra persoa, con dous quilos e douscentos gramos de cocaína no seu vehículo cando circulaba pola AP-9. Tras tomarlle declaración, o xuíz determinou o seu ingreso na prisión da Lama de forma provisional. A Garda Civil rexistrou en Vilagarcía os domicilios dos detidos, aos que se lles asocia co coñecido clan de Salamanca.