CRTVG

Buscar

A prisión o acusado de acoitelar mortalmente unha moza en Alxeciras

Publicado o 22/01/2019 08:14


Un xulgado de Alxeciras mandou a prisión ao home detido por acoitelar mortalmente unha moza de 20 anos. Os feitos aconteceron o sábado de madrugada nun bar. Segundo un camareiro, o agresor, un ex-garda civil de 55 anos, e a súa parella discutiron con outros, saíron á rúa e picáronlle as rodas do coche do mozo da vítima. Houbo unha liorta e a rapaza foi agredida cunha arma branca ao intrpoñerse entre dous homes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/01/2019