CRTVG

Buscar

A prisión catro mozos por agredir sexualmente dúas menores en Seviilla

Publicado o 03/09/2020 20:03
A prisión catro mozos por agredir sexualmente dúas menores en Seviilla

Xa están en prisión os catro mozos franceses que foron detidos en Sevilla por supostas agresións sexuais a dúas mozas de 15 e 16 anos.
A Policía Nacional informa de que os supostos agresores presionaron as vítimas para que consumiran alcol en exceso e despois abusaron delas e graváronas cun teléfono móbil, a pesar da súa oposición. Os catro mozos foron detidos no aeroporto cando estaban a piques de abandonar o país.

Noticias web

03/09/2020