CRTVG

Buscar

A prisión 5 dos detidos nunha operación antidroga en Ourense

Publicado o 17/06/2020 19:17

Foi a comezos de marzo cando a Policía Nacional de Ourense comezou a investigar catro puntos de venda de drogas que parecían estar relacionados entre si.

Teresa Ramos, voceira Policía Nacional de Ourense: "Iníciase todo nun barrio e despois das vixilancias sábese que hai outros 3 puntos onde distribuían sustancias estupefacientes como cocaína, haxix, marihuana e metanfetamina".

Os axentes fixeron rexistros en 4 domicilios e 2 garaxes desta rúa de Valle Inclán e tamén na estrada da Granxa. Neles incautáronse de 50.000 euros en efectivo e máis de 9 kg de distintas drogas.

Teresa Ramos, voceira Policía Nacional de Ourense: "Faise unha incautación de 8 kg e pico de haxix, un quilo e pico de cocaína e case 300 pastillas e material que se usaba para a preparación destas doses e a venda".

Os axentes detiveron 10 persoas, 7 homes e 3 mulleres. 5 deles acabaron en prisión. Con estes arrestos, a policía dá por desartellada unha organización criminal dedicada á venda de drogas.

A operación desenvolveuse en colaboración cos grupos operativos especiais de seguridade de Bilbao e Coruña, guías caninos e co grupo de estupefacientes da Garda Civil de Ourense.

Noticias web

17/06/2020