CRTVG

Buscar

A princesa Mako deixa de pertencer á familia imperial nipoa por casar cun plebeo

Publicado o 26/10/2021 21:54
A princesa Mako deixa de pertencer á familia imperial nipoa por casar cun plebeo

Voda na familia imperial xaponesa. princesa Mako, filla do herdeiro ao trono do Crisantemo, contraeu hoxe martimonio cun antigo compañeiro da universidade. Ao casar cun plebeo, a princesa perdeu a súa condición de membro da familia imperial e pasou a ser unha cidadá máis, como dispoñen as estritas normas da dinastía nipoa. De feito, abandona o país para residir nos Estados Unidos. A princesa tamén tivo que renunciar a unha herdanza de máis dun millón de euros.
 

Noticias web

26/10/2021