A princesa Leonor fai 14 anos
Publicado o 31/10/2019 17:13
A princesa Leonor fai hoxe 14 anos e os reis despexaron a axenda oficial para poder celebralo en familia.
Está a ser un ano moi importante para a princesa, porque xa comezou cos actos propios dunha herdeira da coroa. Hai unhas semanas a filla dos reis debutou nos Premios Princesa de Asturias, onde leu o seu primeiro discurso. E o próximo luns ten unha cita moi importante en Barcelona, na que vai ser a súa primeira viaxe oficial a Cataluña.