A Primitiva deixa un premio de máis de 1,6 millóns de euros no Grove
Publicado o 10/09/2021 14:40
A Primitiva deixou no Grove algo máis dun millón seiscentos mil euros. Foi o único boleto do sorteo que obtivo seis acertos. Moitos veciños achegáronse ata a administración para comprobar se eran os afortunados.
Nada se sabe do afortunado, pero no Grove pensan que a sorte quedou moi cerca.
O premio animou a seguir tentando a sorte. Pois quizais a sorte volva a unha administración aliada co azar porque nos últimos anos non deixa de repartir premios.