CRTVG

Buscar

A primitiva toca en Baiona e deixa un millón e medio de euros

Publicado o 04/03/2019 14:57

Esta administración número 2 de lotería de Baiona fervía hoxe de actividade. Moitos clientes habituais visitábana agardando ser os agradaciados co premio de más dun millón e medio de euros que esta fin de semana deixou aquí a Primitiva.

De momento non se sabe nada do persoa agraciada. Podería ser un cliente habitual ou algúns dos millerios de visitantes que esta fin de semana estiveron na festa da Arribada.

Ata dentro duns días tampouco saberán se o boleto premiado saíu por maquina ou foi cuberto á man.
Sexa como sexa teñen claro que repartir sorte é sempre unha boa noticia.

Á espera de coñecer a onde enviaron a sorte, de momento é o premio máis importante que reparte esta administración de Baiona.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/03/2019