CRTVG

Buscar

O AVE fará a primeira viaxe este luns antes de inaugurarse a conexión con Galicia

Publicado o 21/10/2021 10:06
O AVE fará a primeira viaxe este luns antes de inaugurarse a conexión con Galicia

O AVE parece que xa é unha realidade con data: o vindeiro luns haberá viaxe oficial para inaugurar a conexión de Galicia con Madrid e estaría encabezada pola ministra de Transportes, Axenda Urbana e Mobilidade Raquel Sánchez, acompañada por outras autoridades tanto de Galicia como de Castela e León.

O percorrido ata Ourense coincidiría co inicio da formación dos maquinistas antes da entrada en servizo da Alta Velocidade prevista para o vindeiro mes de decembro. A visita aínda non está confirmada oficialmente por parte do Ministerio, pero chegaría despois das probas técnicas esixidas pola Axencia Estatal de Seguridade Ferroviaria e permitiría concretar como será a posta en servizo do AVE entre Madrid e Galicia.

Segundo as últimas información de RENFE, a alta velocidade deixaría Ourense a tan só dúas horas e cuarto da capital de España.

Noticias web

21/10/2021