CRTVG

Buscar

A primeira vacinada en Galicia será a primeira en recibir a segunda dose este domingo

Publicado o 15/01/2021 17:28

Nieves lembra que foi a primeria vacinada en Galicia contra a covid. Entre risas di que non quere ser famosa. Este domingo recibe a súa segunda dose. Está contenta porque sabe que lle queda moi pouco para estar inmunizada e confía en vencer o virus.

Pídelle a todo o mundo que igual que ela, se vacinen.

Na residencia de Nieves, igual que en moitas outras de Galicia, contan as horas para que chegue a segunda dose. E mentres extreman as precaucións.

Noticias web

15/01/2021