CRTVG

Buscar

A primeira oleira de Buño deseña unha peza para o Museo Thyssen-Bornemisza

Publicado o 09/01/2019 12:39

Viaxamos ata Buño, en Malpica de Bergantiños, para coñecer a que foi a primeira oleira, unha profesión tradicionalmente de homes.

Carmen Isabel é a primeira muller oleira da localidade de Buño. O Museo Thyssen-Bornemisza escolleuna para deseñar unha peza inspirada no artista Max Beckam. A ánfora elixida aparece na obra de Beckam e véndese no museo de Madrid e mais na tenda dela en Buño. A mostra sobre o alemán Beckam pode visitarse no Museo Thyssen ata o 27 de xaneiro.

Carmen Isabel é a primeira da súa familia dedicada a un oficio ligado tradicionalmente aos apelidos. O oficio de oleiro aparece vencellado a Buño xa en documentos do século XVI e no XVII viviu o seu apoxeo.

Esta muller que rachou moldes aprendeu, hai 40 anos, no taller do lendario Aparicio Añón. Buño chegou a ter máis dun cento de olerías, todos en mans de homes, ata mediados do século XX. A ducia de fornos que quedan hoxe en día sobrevive con encargos para vodas, empresas e institucións.

Noticias web

09/01/2019