CRTVG

Buscar

A primeira nevarada do ano en Galicia cubriu as montañas de Lugo e Ourense

Publicado o 18/01/2019 21:55

Primeira nevarada do ano en Galicia. Un fina capa de neve cubriu as montañas de Lugo e Ourense. As folerpas callaron por riba dos mil metros aínda que nevou a cotas máis baixas. As placas de xeo complicaron a circulación, sobre todo en estradas secundarias. En Lugo, 14 nenos de cinco centros educativos quedaron sen escola por mor da neve.

Tempetaruras de case -6 graos rexistraronse esta noite nas zonas de montaña de Ourense. As nevardas chegaron cara a mañá. Nevou por riba dos 600 metros ainda que as folerpas non callaron ata preto do mil.

Pouca neve pero moitas placas de xeo que complicaron a circulación en estradas de montaña.

Tamén houbo compliacións de tráfico na zona do cebreiro en Lugo onde 14 cativos de 5 cinco centros educativos quedaron sen escola.Co paso das horas subiron as temperatuas e o neve quedou tan só nos cumios, non así o xeo. Esta é a imaxe que ofrecía esta tarde o encoro do río Mao, en Montederramo, aínda conxelado.

Por agora mañá a cota de neve situarase por riba dos 1.200 metros ainda que o domingo xa baixará aos 900.

Noticias web

18/01/2019