CRTVG

Buscar

A primeira muller que foi a xuízo polo caso dos 'bebés roubados' atopa a súa familia biolóxica

Publicado o 11/07/2019 20:30

Inés Madrigal, a muller que levou á xustiza o caso dos bebés roubados, acaba de atopar a súa familia biolóxica. Foi grazas a un banco de ADN estadounidense que a puxo en contacto cun primo segundo. Agora sabe que foi dada en adopción pola sua nai biolóxica polo que non se trata dun bebé roubado

Inés Madrigal leva 32 anos buscando a verdade das súas orixes. Hai uns días atopou a súa familia biolóxica e soubo que foi entregada en adopción voluntariamente pola súa nai biolóxica, solteira daquela: "obrigada pola contorna familiar e social dar aos nenos en adopción converteuse nun mandato de xénero. Ela foi tan xenerosa conmigo que me deu a vida sabendo que sería o último instante de contacto", di Inés Madrigal

Puido abrazar os seus catro irmáns biolóxicos, pero non a súa nai, que morreu en 2013, con 73 anos. Di que ten o crebacabezas da súa vida completo, grazas a un banco de ADN estadounidense que a puso en contacto cun primo segundo. El informouna de que os seus irmáns biolóxicos tamén a buscaba.

Explica que "tivo catro fillos maravillosos pero nunca se esqueceu de min e, en canto puido, llo contou aos seus fillos, que me buscaron"

Inés lamenta que o banco de ADN español non detectara o parentesco. No recurso que ten pendente contra o doutor Eduardo Vela, ao que acusou de roubo hai anos, a Fiscalía xa informou de que se trata dun bebé adoptado

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí