CRTVG

Buscar

A primeira federación estréase ao grande: Deportivo - Celta B en Riazor

Publicado o 27/08/2021 15:10

O sábado será o debut do Racing na Malata ante Unionistas

A primeira federación comeza cun prato forte. Deportivo-Celta B, este domingo no estadio de Riazor. Antes faráo o Racing de Ferrol, mañá sábado ás 17:00 ante Unionistas

A nova Primeira Federación estréase ao grande. Riazor acolle o derbi. Un Deportivo - Celta B estrano polo momento, con dous equipos aínda en contrución, pero no que xa asoman as obrigas, en particular para o favorito, o Deportivo, que loitará por un arranque á altura das expectativas que sempre xenera que evite os dramas que o acompañanan nos últimos anos. Borja Jiménez busca a medida exacta:

Borja Jiménez: "Non hai que poñer a capa de 'Superman' cando gañemos tres partidos seguidos nin tirarnos por unha ponte cando perdamos dous".

Ao Celta B complícalle o arranque unha pretemporada de sobresaltos, con poucos amigables, covid e contínuo ir e vir de xogadores, o que deriva nun equipo por facer. Así e todo, Pampín devece por xogar na súa cidade de orixe non é amigo dos laios.

Diego Pampín: "As excusas non me valen, imos intentar gañar o partido. Vai ser divertidísimo, estou desexando xogalo".

Na lembranza dos afeccionados queda o sucedido o ano pasado, cando o filial celeste deu a badalada en Riazor. Daquela, con poucas testmuñas no campo polas limitacións da pandemia. Desta volta si estarán boa parte dos 15.000 socios que ten a día de hoxe o Deportivo. Volve o fútbol e o que lle dá sentido, a súa xente

Noticias web

27/08/2021