CRTVG

Buscar

A primeira fase da operación saída finaliza en Galicia con dúas vítimas mortais

Publicado o 14/04/2019 23:18

Finaliza esta noite a primeira fase da operación saída, que en Galicia deixou dúas vítimas mortais, a última esta tarde en Marín. Nese accidente faleceu un home de 38 anos e o outro ocupante do vehículo quedou ferido.

O sinistro tivo lugar a primeira hora da tarde cando o turismo saíu da vía e bateu contra o muro dunha casa e contra un poste da luz. É o segundo accidente mortal en Galicia dende que o venres ás tres da tarde se activou a primeira fase desta operación saída da Semana Santa. Unha primeira fase que se pecha esta medianoite.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/04/2019