CRTVG

Buscar

A Primeira División feminina regresa a Abegondo

Publicado o 10/10/2020 15:26

A primeira división feminina viste por segundo ano consecutivo o campo de Abegondo. Malia que nesta primeira xornada será sen público.
O Deportivo Abanca que a semana pasada visitou ao Athletic en Lezama, con derrota por 2 a 1 pero boa imaxe, repetirá con rival vasco, a Real, e sentíndose desamparado na súa casa.

TOT MANU SÁNCHEZ. Adestrador do Deportivo Abanca
"Somos o equipo máis prexudicado da categoría por ter partidos sen público. O Publico de aAbegondo anima, apreta, e ímolo botar moito de menos".

Chegará a Real con Nuria Rábano. A defensa compostelá, despois de 4 temporadas no Deportivo, foi un dos cinco reforzos este ano do equipo donostiarra, que parte con grandes aspiracións na liga, como mínimo acadar unha das tres prazas europeas. A escollida como guía é a catalá Natalia Arroyo, admiradora do estilo deportivista.

TOT NATALIA ARROYO. Adestradora da Real Sociedad
"Divertiume moito o ano pasado porque competía dunha maneira na que me sinto moi identificada: ir a por todo, non especualr, intentar divertir á xente. Os seus partidos tiñan goles e era moi dificil desconectar da televisión."




Helena Torres e Ainoa Campo por lesión son as baixas no Depor Abanca que se estreará na Cidade Deportiva de Abegondo mañá ás doce.

Noticias web

10/10/2020