CRTVG

Buscar

A primeira conexión 5G transfronteiriza do mundo foi entre Tui e Valença do Miño

Publicado o 22/05/2019 21:42

Hoxe realizouse con éxito a primeira conexión 5G de datos transfronteiriza do mundo entre Tui e Valença do Miño.

Correu a cargo da operadora telefónica Vodafone, cuxos responsables confirmaron, ademais, que A Coruña e Vigo serán dúas das primeiras cidades europeas con esta nova cobertura a partir deste verán.

O 5G permite navegar desde dispositivos móbiles a 400 megabyts por segundo, catro veces máis ca o actual 4G.

 

Noticias web

22/05/2019